Marisqueo a Pe
DEFINICIÓN
O marisqueo a pé enténdese como a extracción de moluscos en costas areosas mediante pequenas artes manuais (rastro, angazo ou anciño, sacho, ganchelo, fouza…). As artes empregadas en cada caso dependen do tipo de molusco (pola profundidade á que están soterrados), do tipo de substrato (barro ou area) e de se se traballa en seco ou en auga.
En determinadas zonas tamén se autoriza a recollida a pé de recursos específicos como percebe, ourizo, algas, etc.
COMO SE FAENA
Na zona de marisqueo, cada mariscador inicia a súa tarefa de extracción empregando as artes adecuadas segundo a especie e a zona de traballo. O seu horario de traballo depende da marea cun horario regulado que vai dende 2 horas antes ata 2 horas despois da baixamar diurna, cun límite máximo de 17:00 horas.
A zona de traballo é a praia, as mareas e calquera area autorizada.
Para traballar, o mariscador utiliza as distintas artes de diferentes xeitos, ben apoiándoa no ombreiro, ben de costado, agachada, axeonllada, agachada… Unha vez encheda a arte ou visto o marisco na area, é recollidas e clasificadas segundo a especie e o tamaño.
As áreas onde se traballa determinan en gran medida a forma de manexar as artes e os esforzos realizados. Normalmente, as propias mariscadoras adaptan o seu traballo ás características das zonas de traballo e adaptan as artes a elas, como, por exemplo, colocando mangos máis ou menos longos.
Unha vez que o mariscador leva a cota, acode á zona de pesaxe para comprobar tamaños e límites.